martes, marzo 15, 2016

REFORZANDO A CAPACIDADE DE RESPOSTA DE PROTECCION CIVIL

Alfonso Rueda fixo entrega de sete vehículos tipo furgón con destino aos servizos municipais de emerxencias das grandes cidades de Galicia co fin de reforzar a capacidade de resposta destes servizos fronte ás situación de risco e emerxencias de xeito homoxénea e eficaz con independencia do lugar onde estas se produzan.
Alfonso Rueda  entregou concretamente os vehículos furgón aos concellos de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, destinados á transporte de persoal e equipos para tarefas de protección civil, menos ao concello de Vigo xa que ningún representante do concello acudiu a recoller o furgón destinado a Protección Civil da súa cidade.
A Xunta destinou á adquisición destes vehículos, preto de 200.000 euros no marco do Programa Operativa FEDER de Galicia 2007-2013, destinado a adquisición de material operativo en materia de emerxencias para mellorar o equipamento dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

No hay comentarios: