miércoles, marzo 16, 2016

PUY FAI UNHA CHAMADA A RACIONALIDADE

Para Pedro Puy, respecto da situación do secretario xeral dos socialistas galegos, “O señor Besteiro está sufrindo as consecuencias duns niveis de esixencia a outras forzas políticas, ou mesmo dentro da súa forza política, que quizais non foron razoables e que agora lle abocan a tomar esta decisión”.
Logo de reiterar o seu “máximo respecto ás actuacións xudiciais e ás decisións internas dos demais grupos políticos”, Puy afirmou que “estamos vivindo unha época na que se está condicionando en exceso a vida política ás actuacións xudiciais”.
“Cando un leva tempo defendendo e incluso criticando a outras forzas políticas por atoparse nunha situación xudicial, ao final pasan estas cousas”, sinalou o portavoz popular en relación á situación do secretario xeral do PSdeG. Por este motivo, fixo unha “chamara á racionalidade”, porque “as investigacións xudiciais rematan de moitas maneiras e, salvo que un teña a absoluta certeza de que se cometeu un acto impropio ou de corrupción desde a esfera política, todos deberíamos ser consecuentes cos principios xerais do sistema democrático”.
Así mesmo, Puy considerou “necesario e garantista dunha boa xustiza que os asuntos xudiciais se resolvan con celeridade”, pero engadiu que “cando estamos a falar de persoas que exercen cargos públicos sería bo que tamén comezásemos a ver que algúns destes procedementos chegan a súa conclusión canto antes”.

No hay comentarios: