martes, marzo 15, 2016

PRIMEIRA REUNIÓN DO COMITE DE DIRECCIÓN DO PPdePO

Alfonso Rueda reuniu o luns por primeira vez ao comité de dirección, formado por doce persoas. Ademais do presidente, estiveron o secretario Cores Tourís; a vicepresidenta Nidia Arévalo; a vicesecretaria, Elena Muñoz; e os oito coordinadores de área do novo equipo. Rueda recordou que este é ano electoral, como mínimo hai unha cita autonómica e á espera do que acontece coas xerais, “e quero que o partido na provincia estea preparado. Temos que empezar canto antes a renovación territorial, establecer un calendario de actos, un sistema de traballo e non podemos perder o ritmo”.
Por este motivo, na reunión solicitou ao seu equipo que cada coordinador empece a facer propostas nas distintas áreas, co fin de poder executalas canto antes.  Entende que está cumprindo co que anunciou os días previos ao congreso, “dixen que quería un equipo reducido, con áreas moi concretas, para empezar a traballar desde o primeiro día”.
Aínda que esta primeira xuntanza, só 24 horas despois da celebración do congreso, se convocou na sede provincial, a intención do novo presidente é abrir o partido aos concellos da provincia e facer reunións nas diferentes comarcas. “Queremos estar máis fóra que dentro da sede”, destacou.
Neste sentido, avanzou que nos próximos días reunirase cos coordinadores comarcais, para ver que hai que facer en cada zona concreta.
Os coordinadores de área son:

Organización: Luisa Piñeiro.
Participación e novos canles de comunicación: Jorge Cubela.
Acción electoral: Jose Juan Durán.
Mar: Luis Aragunde.
Medio Rural: Miguel Dubois.
Política Social e Igualdade: Marián García.
Política Económica e do Emprego: Nava Castro.
Relación cos afiliados: Jose Benito Suárez Costa.

No hay comentarios: