sábado, marzo 12, 2016

PESIMISMO PATOLOXICO DO PSOE OURENSAN

O voceiro socialista na Deputación deu onte unha nova mostra do seu pesimismo patolóxico e da súa necidade ao cuestionar unha acción empresarial con EE.UU. que, promovida por Manuel Baltar supoñerá un fito no impulso á internacionalización das empresas ourensanas.
O vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, saliu en defensa de Manuel Baltar con o seu máis rotundo rexeitamento á política de “terra queimada” que quere instaurar o representante da oposición, “que en todos estes anos so fixo gala dun encefalograma plano de proxectos para contribuír a desenvolver a provincia”. É máis, engadiu, “nin quere, nin pode nin ten ideas para Ourense, agás unha chea de vitimismo”.
“Nun alarde de indocumentación e incultura”, dixo Jorge Pumar, o deputado socialista atrévese a sementar dúbidas sobre unha misión empresarial avalada polo goberno dos Estados Unidos e que só tivo antecedentes en Madrid e Barcelona. “O máis indignante de todo é que non só cuestiona a impecable acción de goberno de Manuel Baltar con este proxecto, senón que se sitúa en contra de todos os empresarios ourensáns, que con esta misión terán unha xanela aberta a catro millóns de empresas, que son as que forman parte da Cámara de Comercio de EE.UU”.
Para o vicepresidente da Deputación, o portavoz dos socialistas debe ser o único ourensán que non entendeu a importancia deste logro, “retratándose como caste”. A súa única forma de facer política “é lanzar críticas e acusacións sen fundamento e, o que é máis grave, descoñece o que significa traballar e formular propostas polo ben da súa provincia, do cal, lamentablemente para os seus veciños, xa deu sobradas mostras como alcalde de Ribadavia”.
Jorge Pumar lémbralle ao deputado da oposición que a misión empresarial, á que tamén se sumou a Cámara de Comercio de Atlanta, abordará sectores tan básicos para o futuro de Ourense como a agroindustria, o termalismo, tecnoloxías e Infraestruturas, automoción ou turismo, promovendo alianzas de empresas e acordos comerciais entre compañías privadas americanas e ourensás, ademais de achegar oportunidades para que empresas de Estados Unidos expandan a súa base de mercado na provincia de Ourense.
“Se este proxecto non ten a máis mínima importancia para el como para colaborar nin achegar ideas, a mellor proposta que podería facernos é abandonar a política”, concluíu Pumar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pumar y Rosendo, los fieles compinches baltaristas de un tipo imputado por cohecho y acoso sexual...Y que jamás han ganado nada en una elecciones democráticas.