lunes, marzo 21, 2016

PESAR NO PP DE LALIN POLO FALECEMENTO DE ABELEDO

O Partido Popular de Lalín sumouse ás mostras de pesar polo falecemento de Manuel Abeledo e transmitiu a súa máis profundo pésame en nome de toda a familia do PP á familia do político lalinense naciodo en Goiás.
Manuel Abeledo López faleceu na Coruña aos 70 anos, ocupou co PPdeG a presidencia da Deputación pontevedresa desde 1995 ao 2003. Foron oito anos de labor á fronte da corporación de Pontevedra, á que se suman os cargos de Abeledo tanto a nivel autonómico como provincial no seo do Partido Popular.
O Concello de Lalín pola sua banda decretou  un día de loito oficial. Hoxe luns  as bandeiras do consistorio ondearán a media hasta pola morte do que fóra tamén edil de Lalín.

No hay comentarios: