miércoles, marzo 09, 2016

ORGULLOSOS DO PPdeOU

“O verdadeiro espectáculo vengoñento é ver como os socialistas ourensáns non contan co apoio dos seus dirixentes, que aínda por riba cambian sen decoro aos candidatos para as xerais elixidos libremente polos seus militantes”, dixo esta tarde o secretario de organización do PP de Ourense, Pablo Pérez.
Pérez resposta así ao secretario xeral dos socialistas de Ourense e mailo voceiro na Deputación “que deixan totalmente de lado as inquedanzas dos seus militantes e as necesidades reais da provincia, en particular o tamén alcalde de Ribadavia que só ten en mente facer comunicados contra o PP en lugar de respostar ás necesidades dos seus vecinos, que ten totalmente abandonados”.
O secretario de organización, Pablo Pérez, afirma que “a extratexia política dos socialistas só consiste na demagoxia, na crítica valeira de contido e a súa obsesión polos éxitos electorais do PP, éxitos que eles descoñecen dende hai máis de trinta anos”. 
Amosa tamen a súa satisfacción polo apoio de Feijóo e da vicesecretaria de estudos e programas do PP nacional, Andrea Levy, á formación ourensá no congreso desta fin de semana.
Un apoio absoluto, dixo Pablo Pérez, “que ten a súa base nos bos resultados electorais acadados, comicios tras comicios, por Manuel Baltar á fronte do PP de Ourense e que nos sitúan como a segunda provincia de España en apoio porcentual o P ​P é tamén polo seu exemplar dinamismo".
Como se puxo de manifesto na cita do pasado sábado, “o PP non se presenta a unhas eleccións para que non gobernen outros, senón para desenvolver un proxecto, sen basear os nosos argumentos no ataque ao adversario político, que é o único que saben facer os dirixentes socialistas, que sí dan unha pobre imaxe cos seu continuos conflitos”.
Para dar leccións, apuntou o secretario de organización do PP, “hai que predicar co exemplo e o PSOE ourensán non pode facelo con case que o 50 % de votos menos que o PP nas pasadas eleccións xerais e ainda menos falar de igualddade cando no noso comité de dirección e o comité executivo hai unha amplísima maioría feminina”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pues no es par estar orgullosos de nada, el PP de Ourense se ha convertido en un aparato clientelar al servicio de la familia Baltar y amigos, con el beneplácito de Feijóo. No existe vida política y se refleja en las elecciones, cada vez se pierden más votos.