miércoles, marzo 16, 2016

O PP DE PONTEVEDRA FOISE A QUEIXAR O VALEDOR DO POBO

O grupo provincial do PP denunciou esta mañá ante a Valedora do Pobo ao bipartito da Deputación de Pontevedra polas continuas barreiras que atopan á súa labor de oposición. Nidia Arévalo, Luis Aragunde e Salomé Peña reuníronse en Santiago de Compostela coa valedora, Milagros Otero Parga. Referinronse principalmente a dúas cuestións que lles resultan especialmente significativas, que son o funcionamento dos plenos e que se lles impida o uso da sala de prensa da institución provincial.
Os populares criticaron a actitude da presidenta durante os plenos, nos que directamente elimina o debate entre os grupos políticos. Quitan o dereito de réplica e limitan a participación en unha única intervención por tema a tratar. “Énchenselle a boca a falar da nova Deputación, de portas e fiestras abertas, pero o certo é que esta é a primeira vez que nesta institución se prohibe aos deputados intervir con liberdade. Co anterior goberno, todos os deputados falaban o tempo que precisaban e as veces que solicitaban a palabra, garantíase o debate político e respectábanse todas as opinións e as críticas”, denuncia a voceira dos populares Nidia Arévalo, que recorda que xa presentaron queixas por este asunto nunha xunta de voceiros.

De feito, criticaron que a Deputación de Pontevedra é a única das institucións provinciais no que eliminan a réplica, e na que teñen cronómetros en dúas pantallas vixiando o tempo das intervencións. “Queren presumir de portas e fiestras abertas, de goberno cordial, pero o certo que é que non queren escoitar ningunha crítica e o seu obxectivo é calar e limitar a labor da oposición”, subliñou Arévalo.
Outra das queixas que trasladaron á valedora do pobo foi que este novo bipartito lles impide o acceso á sala de prensa da institución provincial, unha sala totalmente adaptada para que os medios desenvolva do mellor xeito e calidade a súa labor informativa. Din que están incumprindo o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, que establece que os grupos políticos poderán facer uso de locais para celebrar reunións ou sesións de traballo.
Así, recordan que xa a solicitaron en varias ocasións e se lles negou o seu uso, non porque estivera ocupada, senón que simplemente se xustificaron en que era de uso exclusivo do goberno. Pola contra, explicaron, crearon un espazo para que os grupos da oposición poidan facer declaracións de pé e agochados nun soto do edificio administrativo. “Un lugar incómodo tanto para os deputados, como para os propios xornalistas, que teñen que escribir de pé, e deixar as súas pertenzas no chan, mais cando na Deputación de Pontevedra hai outra sala totalmente acondicionada e cos mellores medios para ofrecer as roldas de prensa”, engadiron.

No hay comentarios: