domingo, marzo 06, 2016

MANUEL BALTAR REELIXIDO PRESIDENTE


Manuel Baltar foi reelixido  presidente do PP de Ourense no XVII Congreso Provincial que esta formación política celebrou no Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense. Manuel Baltar inicia así o seu terceiro mandato ao fronte dos populares ourensáns, unha elección na que acadou o 95,66 % dos votos emitidos por un total de 889 compromisarios que participaron na votación.
No seu primeiro discurso xa como presidente do PPOU, Baltar quixo que as súas primeiras palabras fosen en maiúsculas para OURENSE, unha provincia da que dixo “é internacional, ten discurso, é líder, non ten complexos, é ambiciosa de seu e con grandes retos por conseguir”. Neste sentido, destacou “o Ourense da planificación, do camiño conxunto, da política real e o Ourense de vangarda”, “un Ourense que non é unha illa, que vive e respira tendo en conta o contexto internacional e que ten criterio propio ante os acontecementos, porque desde aquí conseguimos innovar e poñer en valor o noso proxecto de “provincia intelixente” no que estamos a traballar para gañar o futuro”.
Manuel Baltar destacou: “a nosa forza é a estabilidade, a solidez. Momento para a cooperación e para a confianza, engadindo en clave nacional que en Ourense “tamén apreciamos a necesidade inmediata de formar un goberno en España que teña auténtica solidez”.
A clausura desta cita estivo a cargo de Feijoo, quen iniciou o seu discurso felicitando a Manuel Baltar non só por revalidar a presidencia dos populares ourensáns, senón tamén “por presidir un partido gañador e moi activo”. Neste sentido, anunciou que o próximo congreso do Partido Popular de Galicia celebrarase en Galicia.
Un congreso, dixo Feijóo, é o inicio dunha nova etapa, “pero só é un alto para tomar impulso, con máis forza e máis enerxía”. Os congresos, engadiu, serven para renovar o compromiso con todos os afiliados, “ainda que este compromiso, no caso de Manuel Baltar, vai máis aló, con todos os ourensáns”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

El presidente de pp de Ourense es un imputado que se va de celebración a Disneyland.No es una coña.

Anónimo dijo...

Todo José Manuel Baltar es un despropósito completo, más que una coña. Se va a Disney como andaba el otro día de excursión por Estados Unidos, aunque esta vez parece que al menos no lo hace a costa del contribuyente.

Pero ahí sigue un tipo que será pronto juzgado por acoso sexual y cohecho, sin olvidar de que está en el puesto gracias a un proceso sucesorio organizado por su papá, y que implicó su inhabilitación, según sentencia judicial firme.

Cojamos abundante provisión de palomitas porque el espectáculo está asegurado las próximas semanas, cuando empiece el juicio por acoso sexual y cohecho. Por cierto, el principal perjudicado no será el clan Baltar, sino el Partido Popular.