lunes, marzo 28, 2016

JESUS VAZQUEZ A ILUSION POR POÑER EN MARCHA O PP LOCAL DE OURENSE

Jesús Vázquez presentou onte un total de 366 avais á candidatura coa que concorrerá á presidencia local de Ourense do PP no congreso que se celebrará o próximo 16 de abril. Vázquez será, ademais, o único candidato que opte á presidencia, pois onte pechouse o prazo para a presentación de candidaturas sen que se formalizase ningunha opción máis.
Jesús Vázquez, quen multiplicou por sete o número mínimo de avais esixidos no regulamento do congreso, que era de 50, quixo agradecer expresamente o apoio recibido polos afiliados, reiterando a súa intención de traballar con toda a intensidade "para recuperar a confianza dos nosos militantes, simpatizantes e ourensáns en xeral e que vexan no Partido Popular unha opción idónea para atopar respostas as súas demandas”.
Os avais recibidos, engadiu Vázquez, "non só constitúen todo un reto e un enorme compromiso coas xentes do PP, senón que entendo son tamén unha mostra da ilusión que existe entre as nosas bases por volver poñer en marcha o partido en Ourense".
A partir do próximo luns, data na que a comisión organizadora procederá a proclamar oficialmente a súa candidatura, Jesús Vázquez anunciou a súa intención de reunirse con todas as bases e militantes populares na cidade para dar a coñecer o seu programa de traballo, no que terá prioridade a reorganización da estrutura do partido local "e escoitar tanto a afiliados como simpatizantes e veciños para dirixir todos os nosos esforzos á procura de solucións ás súas necesidades".
Onte tamén estaba previsto que se pechase o prazo para presentar candidaturas aos seis congresos locais da provincia previstos para o mes de abril e principios de maio. Tralo peche do prazo, os candidatos presentados ás xuntas locais do PP foron Marcos Río Alén por Carballeda de Avia; Jesús Prieto Pérez en Pobra de Trives; Antonio Iglesias Álvarez en Lobeira; José Manuel Castro Blanco por Os Blancos; Juan Carlos González Carvajales en Pontedeva; y José María Lago Cabo na Gudiña.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cuando el congreso en Coruña?
Mucho presumir Calvo de dejar votar a los aficionados y desde esta semana en Coruña ya no tenemos presidente ante la dimisión de Fernando. Demostrandose la usurpación de poder de Barreiro haciendo un golpe de estado interno.
Exijamos el congreso local de Coruña y la expulsión de Barreiro y de los que consistieron un poder ilegítimo al frente de la local herculina.
Como afiliado desde AP y miembro hace años de juntas locales y provinciales siento desidia de los sucesos borrorchonos que estamos sufriendo.
Este partido era nuestra casa y nos la borra un cargo público con nocturnidad y premeditación.
Barreiro solo tiene un camino, abandonar el partido por la puerta trasera y no volver a nuestra casa, traicionado su palabra anunciando que era el presidente,cuando en realidad ocupo un cargo que no le pertenecia con los estatutos en la mano y mintiendo a la militancia.
Las personas que aún forman la ejecutiva local tendrían que dimitir todos ya que son cómplices de esta estafa local.

Anónimo dijo...

Barreiro lo que tiene que hacer es dejar la Direccion General de Funcion Publica, semejante personaje con total falta de atractivo politico y personal, amen de la fama que tiene entre los funcionaris, nos va a traer la ruina al PP.

Anónimo dijo...

Pues como muchos de los funcionarios que tenemos en nuestro partido