martes, marzo 22, 2016

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS DO PPdeG


O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria da vindeira semana dúas proposicións non de lei dirixidas a facilitar que os traballadores do mar poidan aumentar voluntariamente as súas bases de cotización e para solicitar ao Concello de A Coruña a apertura do túnel do Parrote, xa que pasaron máis de 100 días desde a recepción das obras.
A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, explicou que “os traballadores do mar carecen na actualidade da posibilidade, do mesmo xeito que os traballadores autónomos e do sector agrario, de incrementar voluntariamente as cotizacións para que as pensións que cobren no futuro sexan maiores”.

No hay comentarios: