lunes, marzo 14, 2016

GRACIAS O CONSENSO, O DIALOGO, E A LEALDADE INSTITUCIONAL

Feijóo asinou coa Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, o acordo para a reasignación de usos nos inmobles que integran o hospital Xeral-Cíes de Vigo, dando hoxe o primeiro paso cara á Cidade da Xustiza, “pola que Vigo levaba traballando hai moito tempo”, e cara á un novo capítulo da historia do Xeral.
Así mesmo, Feijóo garantiu o compromiso de que os edificios xudiciais actuais non caian en desuso e que sigan sendo útiles para a zona, tanto para manter a súa actividade como a súa vitalidade. Ao fío disto, lembrou que a semana pasada aprobouse no Consello un plan de aforro en alugueiros que ten como obxectivo o aproveitamento dos inmobles titularidade da Comunidade, “coa finalidade de poñer en valor os inmobles propiedade dos galegos e de ir diminuíndo os alugueiros, co obxectivo de aluguer cero”.

Feijóo rematou a súa intervención afirmando que este proxecto é posible grazas ao consenso, ao diálogo e a lealdade institucional. “Ao consenso, porque non se podería chegar ata aquí sen o apoio dos axentes xudiciais, comerciantes, asociacións de veciños, arquitectos e Administración estatal, autonómica, provincial e local. Ao diálogo, porque trámites que poderían durar anos pasan a solucionarse en semanas. E á lealdade institucional porque cumprimos a palabra dada”

No hay comentarios: