miércoles, marzo 09, 2016

GALICIA RECORD DE EXPORTACIONS NO 2015

Feijóo destacou onte que Galicia bateu en 2015 récords de exportacións, de empresas exportadoras e de países aos que exportou. “A economía galega está adaptándose aos desafíos do século XXI subindo en calidade e excelencia e, polos datos que temos, a internacionalización chegou a Galicia para quedarse”, dixo, recordando que “en 2013 acadamos un récord nas nosas exportacións, 2014 foi o segundo mellor ano e en 2015 volvemos acadar un novo récord histórico”.
Durante a apertura do II Foro de Internacionalización da Economía galega, Feijóo precisou que o pasado ano as exportacións acadaron os 18.831 millóns de euros e creceron un 5,6% desde o ano 2014. Dato que, segundo explicou, colle máis peso cando se compara coas cifras de 2009, “xa que hoxe vendemos ao exterior un 35% máis que ao inicio da crise económica”.
Os récords históricos acadados en 2013, 2014 e 2015 son froito do traballo conxunto entre a Administración e o tecido produtivo galego. “E desde o Goberno galego seguiremos a traballar para achegar un marco institucional estable para que Galicia siga crecendo”,

No hay comentarios: