miércoles, marzo 30, 2016

EXPLICACION INSUFICIENTE, SESGADA E TENDENCIOSA

O  PP de Lugo considera a resposta do PSOE sobre a Operación Pulpo no pleno da Deputación insuficiente, sesgada e tendenciosa e recordan que serán os socialistas e non outro partido o que terá que dar explicacións en sede xudicial.  José Antonio García, recorda que o sumario vincula, tal e como publican os medios de comunicación, a presunta contabilidade irregular e as listas negras co goberno de Besteiro. Lamenta que o voceiro dos socialistas non pedira desculpas pola imaxe que o seu Grupo está a dar da institución e polo atrevemento á hora de atacar a un órgano xurisdicional.
Os populares insisten en que as explicacións políticas en relación coa Operación Pulpo seguen a ser “insuficientes” e non aclaran se existiu ou non esa contabilidade irregular ou as listas negras, polo que estudan novas accións que permitan á cidadanía saber o que realmente pasou na institución.

No hay comentarios: