martes, marzo 22, 2016

EXPECTATIVA RAZOABLE PARA UNHA MAIORIA SUFICIENTE

Pedro Puy, nunha entrevista na Cadena SER, asegurou  que no PP de Galicia existe “unha expectativa razoable de conseguir unha maioría suficiente para gobernar” nas vindeiras eleccións autonómicas. “Hai partido, hai que xogalo e temos que ser capaces de convencer ás persoas que apoiaron ao PP de seguir facéndo neste novo proceso electoral autonómico”, indicou. Respecto da candidatura de Feijóo, Puy manifestou que hai “unha opinión maioritaria dentro do PP que estima que sería o mellor candidato e un activo que debemos aproveitar de cara ás eleccións autonómicas”.
Tamén considerou “lóxico que os candidatos que teñen éxito electoral constitúan un dos principais activos dun partido político e entendemos que esa idea é compartida pola sociedade e os indicios demoscópicos, que tamén avalan esa posición”.
“Feijóo é unha persoa ben valorada e a xente valora a súa dedicación á fronte da Xunta”, indicou o portavoz popular, quen tamén apuntou a existencia dunha “opinión maioritaria dentro do partido que estima que sería o mellor candidato, o que non quere dicir que esteamos a falar dun partido que ten ministros, 41 deputados e a metade dos alcaldes de Galicia, é dicir, moitas persoas con experiencia e capacidade de xestión”.

No hay comentarios: