jueves, marzo 31, 2016

EXITO DO III TORNENO SOLIDARIO DE FUTBOL SALA NN.XX. XINZO

Novas Xeracións de Xinzo de Limia conseguiu reunir 1.800 quilos de alimentos grazas á terceira edición do torneo solidario de fútbol sala celebrado este fin de semana no pavillón de deportes da vila, coa presenza de 30 equipos. A cifra de alimentos recolleitos é superior á rexistrada o pasado ano, o cal foi “un motivo de enorme satisfacción”, manifestou o presidente local de Novas Xeracións, José Antonio Parente.
Parente quixo destacar “a positiva resposta de todos cantos axudaron a facer realidade esta terceira edición”, agradecendo así a colaboración dos equipos inscritos, o concelleiro e equipo da concellería de Deportes, patrocinadores e asistentes aos partidos.
A trintena de equipos participantes estaban divididos nas categorías Sub16, feminina e afeccionados. Na primeira delas -Sub16- o vencedor foi o Sporting Lameiro. Na categoría feminina, composta por seis equipos de toda a provincia, impúxose o Xinzo FS. Polo que respecta aos afeccionados, con 18 equipos, a vitoria foi para Herbas Aromáticas.

No hay comentarios: