jueves, marzo 10, 2016

ELENA MUÑOZ PRESIDIRA O CONGRESO DO PP DE PONTEVEDRA

Elena Muñoz, voceira do PP de Vigo, sera a presidenta, da Mesa do Congreso provincial do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, alcaldesa de Moraña, exerceracomo vicepresidenta, e Conchi Ortega, voceira do PP da Guarda, como secretaria.
Como vogais exercerán Marcos Guisasola, concelleiro en Sanxenxo; César Mera, ex alcalde de A Cañiza, Cristina Correa, alcaldesa de Oia e Seila Varela, presidenta de NNXX de Pontevedra.
Así mesmo, os dous comunicados que se lerán no Congreso correrán a cargo de Alberto Pazos, director xeral de Política Local na Xunta de Galicia, e Pablo Carollo, presidente provincial de Novas Xeracións. A transformación dixital e os fundamentos do partido centrarán os dous comunicados do Congreso
Alberto Pazos será o encargado de dar lectura ao comunicado "1976-2016: Prólogo dun tempo novo", no que se fará un percorrido pola historia do partido, desde os seus inicios ata a situación actual e avaliar se os fundamentos políticos do PP seguen vixentes ou se pola contra precisa de unha renovación máis profunda. Tratarase de determinar ademais cales son os puntos fortes e que aspectos hai que mellorar.
O responsable de NNXX será o encargado de presentar o segundo dos comunicados: "A transformación dixital: oportunidade para crear confianza", no que abordará os cambios que as novas tecnoloxías están provocando na política así como a explicación de unha serie de iniciativas de datos abertos que contribúen a aumentar a confianza do cidadán nas formacións políticas. Neste comunicado participaron ademais de Pablo Carollo que foi o seu redactor principal, Paula Villaverde e Borja Arca.

No hay comentarios: