jueves, marzo 17, 2016

ELENA CANDIA PRESENTA HOXE O SEU EQUIPO

Elena Candia tomou a decisión de respectar os acordos adoptados nos congresos dos anos 2007 e 2013 de que todos os alcaldes e portavoces formen parte da Xunta Directiva do PP provincial. Así o anunciou a popular, quen engadiu que hoxe fará público o equipo definitivo que a acompañará na presidencia do PP de Lugo.
Elena Candia destaca que “é a maior integración que se pode facer no partido, contando con todos e todas os voceiros e alcaldes e alcaldesas da provincia como parte do noso equipo”.
A presidenta dos populares lucenses, que avoga por un partido moi participativo e dinámico, como defendeu durante toda a campaña, considera necesario o cumprimento destes acordos tendo en conta que tanto os alcaldes como os voceiros son os “interlocutores máis directos cos veciños e cos militantes e os que mellor coñecen as necesidades dos lucenses”.
Nesta liña de darlle maior participación aos militantes, Candia tamén adianta que nun breve espazo de tempo se elixirán os coordinadores comarcais, que serán escollidos directamente pola militancia. Deste xeito, a presidenta cumprirá cun dos compromisos asumidos, o de elixir as Xuntas Comarcais, de xeito que cada afiliado escolla un presidente e a súa executiva e se lle dea maior vitalidade a estas estruturas comarcais.
Candia sempre reivindicou que os afiliados deben recuperar o seu protagonismo e estas estruturas comarcais permitirán consensuar con eles, en primeira persoa e dun xeito máis directo, as liñas de actuación. “É unha decisión que nos permite multiplicar os procesos de participación”, ao igual que son outros dos compromisos “que asumimos e que iremos poñendo en marcha” como son a convocatoria de reunións periódicas do Comité de Dirección nas distintas comarcas, coa participación directa dos militantes, para informar da xestión realizada, planificar accións futuras e render contas ou na capital lucense a recuperación da figura do coordinador de xefes de distrito para potenciar a participación dos militantes.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

no sé como el moderador permite este tipo de comentarios ofensivos y claramente machistas
espero que borre y actúe contra este tipo de elementos

Anónimo dijo...

Qué bonito el primer comentario. Da vergüenza ajena verlo aquí.