martes, marzo 01, 2016

CONSELLOS DO PP A REALIDADE MINGUANTE

Miguel Tellado desexou sorte á nova voceira nacional do BNG, Ana Pontón, elixida onte para liderar a formación nacionalista. Don Miguel cre que o nacionalismo é unha realidade minguante en Galicia pero que, mentres haxa persoas que manifesten ese sentimento, é necesario que as súas ideas estean representadas por un partido forte e coherente.
Tellado considera que Pontón ten ante si o reto non de ser a nova voceira do Bloque, senón de non pasar á historia por ser a última persoa en ocupar ese posto no BNG. Por iso, invitou aos nacionalistas a recuperar a súa identidade como partido; aquela que lles levou a ser a segunda forza política de Galicia.
Ademais, lembroulles que cando decidiron facer seguidismo do PSOE, principalmente con Zapatero en Madrid e nos tempos previos ao bipartito en Galicia, foron fagocitados polos socialistas; e cando optaron por imitar a AGE, dende 2012, os seus apoios mudaron e foron a parar ás Mareas tanto nas municipais como nas xerais de 2015.
O voceiro dos populares pide a Pontón que recupere a autenticidade dos plantexamentos do BNG que, si ben non son compartidos polo PPdeG, si deben ser recoñecibles para unha sociedade galega que leva tempo sen entender os pasos que da o Bloque.

No hay comentarios: