jueves, marzo 10, 2016

CECILIA VAZQUEZ ESCOITANDO A XUVENTUDE

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo en Ferrol a quinta xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro.
Esta iniciativa ten como obxectivo o de escoitar as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia.

Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”. Nesta ocasión, os mozos e mozas que participaron na xuntanza foron os das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros de xuventude destas comarcas, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.
Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide e Ferrol e nas vindeiras semanas terán lugar en A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

11 jóvenes!! Vaya éxito

Anónimo dijo...

Realmente lamentable...y lo digo con el corazón en la mano!

Anónimo dijo...

Una Directora Xeral cercana que no le importa hacer los kilómetros que hagan falta para reunirse con los jóvenes (sean muchos o pocos). Son con los pequeños gestos y en los pequeños actos donde más votos se consiguen. Política de cercanía y a pie de calle.

Anónimo dijo...

Penoso, lamentable y absolutamente penoso

Anónimo dijo...

Hace mucho tiempo que se ve la poca gente a la que llegan las acciones de esta direccion general, si con ovidio rodeiro la cosa iba mas o menos con esta segunda va camino al desastre. asi se relaciona nuestra xunta con la juventud?