lunes, marzo 21, 2016

CARTA DE AGRADECIMIENTO DE ALFONSO RUEDA

La militancia del PP de Pontevedra, empezó la semana pasada a recibir una carta personal de Alfonso Rueda, aunque la mayoría de las cartas llegaran estos dias, en ella muestra su compromiso y su agradecimiento por su elección. El texto literal de la carta es el siguiente:
"Estimado afiliado, estimada afiliada,
Este domingo celebrouse en Pontevedra o XVII Congreso Provincial no que fun elixido presidente do PP de Pontevedra. Por iso quero aproveitar a ocasión para agradecer a confianza recibida, presentarme e poñerme á túa disposición, porque entendo que vós, os afiliados/as, sodes o máis importante que temos.
Traballarei de xeito comprometido, con convencemento e con dedicación para cumprir as expectativas que hai depositadas en min e neste novo equipo que encabezo. Son consciente que representamos a cada un dos 34.000 afiliados e afiliadas que conformades esta provincia, e non podemos defraudarvos.
Para esta nova etapa do PP de Pontevedra apostamos pola renovación, pero sen esquecernos da experiencia tampouco dos que levan moito tempo gañando eleccións e que coñecen ben a política de proximidade, e procuramos ademais que a provincia estivese ben representada, tanto por criterios territoriais como pola súa diversidade.
Temos por diante moitos retos. O primeiro, recuperar a confianza de todo o noso electorado. É certo que hai cousas que se fixeron mal, houbo fallos, pero temos a ilusión e o convencemento para corrixir erros e dar un novo impulso a este partido. Temos gañas de renovación; imos facer autocrítica, e sobre todo, queremos estar á altura do que esperades de nós.
Quero que saibas que temos a sede do PP de Pontevedra aberta para que poidas trasladar calquera suxestión, calquera opinión. Serás sempre benvido porque vós sodes a nosa voz, os nosos ollos e os nosos oídos, e queremos escoitarvos.
Para elo, poño a partir deste mesmo momento este correo electrónico á túa disposición adminpontevedra@pp.es, como un xeito de manter un contacto áxil e máis fluído. Neste correo poderedes deixarme calquera reflexión, suxestión ou queixa; todo será benvido."

No hay comentarios: