martes, marzo 15, 2016

CARGA DE TRABALLO PARA NAVANTIA

A embaixadora de Australia en España, Virginia Greville, trasladou a Feijóo, que Navantia é a licitadora preferente para a construción de barcos da Armada Australiana.
Durante unha reunión Feijóo constatou que actualmente están pendentes de pechar os prazos e o contrato da construción de dous BAC (buques de aprovisionamento en combate), que suporá tres millóns de horas de traballo (1,5 millóns de euros por cada barco).
Así mesmo, hai que salientar que un dos aspectos máis importantes deste contrato é que a construción se levaría a cabo no estaleiro de orixe; é dicir, de resultar gañadora Navantia, o proxecto executaríase en Navantia Ferrol.
Cómpre lembrar que foi en 2014 cando o Goberno australiano convocou o concurso para a construción destes dous barcos loxísticos, case idénticos ao BAC Cantabria. E, en agosto de 2015, Navantia presentou unha oferta que resultou finalista, xunto coa presentada polas empresas surcoreanas Daewoo e Marine.

No hay comentarios: