miércoles, marzo 02, 2016

BALTAR PROMETE CONGRESO LOCAL EN OURENSE

A convocatoria inmediata do congreso local de Ourense Cidade e a primeira reunión da nova xunta directiva fora da sede popular foron as dúas propostas que lanzou o luns, Manuel Baltar, na reunión que mantivo cos compromisarios de Ourense Cidade.
Manuel Baltar subliñou ante os presentes que un partido organizado debe contar con todos os seus órganos de goberno en funcionamento “e a cidade non pode esperar máis a ter a pleno rendemento a súa directiva local, pois entre outras virtudes este partido caracterízase polo traballo intenso aínda fóra de períodos electorais e a renovación dos seus liderados”.
A convocatoria do congreso local, anunciou o candidato, producirase na primeira reunión da nova xunta directiva que salga do congreso provincial. Unha xunta, anunciou tamén, que se celebrará o 14 de marzo en Cea, cumprindo así outro dos seus compromisos como é a celebración itinerante dos distintos órganos de dirección populares “para facer provincia desde o partido”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

PERO OUTRO CONGRESO LOCAL? HABÍA QUE MANDALOS A TODOS E TODAS PARA MADRID. TEÑEN ESPÍRITU CONJRESISTA.