jueves, marzo 31, 2016

APOIO A INICIATIVA DO PP PARA OS TRABALLADORES DO MAR

A iniciativa impulsada polo Grupo Popular dirixida á poñer en marcha un sistema de mellora voluntaria do réxime de cotización á Seguridade Social dos traballadores do Mar foi aprobada esta mañá no Parlamento de Galicia co voto favorable dos deputados populares e o apoio do Grupo Socialista e do Grupo Mixto.
O voceiro de pesca dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, agradeceu o respaldo recibido e puxo en valor un acordo que busca impulsar os cambios normativos que sexan precisos para ampliar e perfeccionar o sistema de protección social e laboral dos traballadores do mar e facelo, tras un proceso de diálogo co sector no que participarán as confrarías, entidades profesionais e sindicatos máis representativos, neste último caso citados expresamente no texto do acordo tras incorporar como engádega unha emenda do Grupo Mixto.

No hay comentarios: