martes, marzo 22, 2016

ABRIRASE ESTE VERAN A AUTOVIA DA COSTA DA MORTE

Feijóo anunciou que este verán abrirase ao tráfico a Autovía da Costa da Morte AG-14 que fará desta comarca un lugar máis vertebrado, máis competitivo e máis atractivo para investir e para vivir. “A infraestrutura que leva tantos anos sendo pouco máis que palabras tornouse, por fin, nun feito real e hoxe, co 80% das obras executadas, podemos asegurar que o vindeiro verán se abrirá ao tráfico. Imos entregar un país máis vertebrado, máis competitivo e máis preparado para investir e para vivir”.
Tras un percorrido polo trazado das obras da autovía, Feijóo afirmou que cando dentro de poucos meses sexa posible percorrer os máis de 25 km entre Carballo e Baio e os 2 km da variante de Baio, libres de peaxe, operarase unha transformación nas comunicacións dunha comarca que habitan case 120.000 persoas. Entre outras melloras, vaise poder evitar o paso por 7km de travesías, que se verán libradas de tráfico e serán espazos recuperados para a vida urbana e cidadá.

No hay comentarios: