lunes, marzo 21, 2016

A XUNTA SEGUIRA APOIANDO OS CONCELLOS

Feijóo avanzou  que o vindeiro mes o DOG publicará unha orde de axudas para aqueles concellos que queiran habilitar espazos de emprendemento comercial vinculados ao ámbito rural. “Unha liña  para a que destinamos un orzamento total de 1,5 millóns co obxectivo de revitalizar o medio rural a través do emprendemento e a actividade comercial”.  Durante unha visita esta mañá ás obras de mellora da Casa do Concello de Portomarín, Feijóo afirmou que a Xunta seguirá apoiando os concellos e cooperando con eles en todos os eidos. E, nesta liña, referiuse a Portomarín como un municipio onde falar de cooperación interadministrativa significa falar de proxectos de mellora en todas as materias: infraestruturas, dinamización económica, benestar...

No hay comentarios: