domingo, marzo 06, 2016

A RENOVACIÒN DO PPdeG E UNHA VANTAXE

Feijóo sinalou este domingo que a renovación do PPdeG achega o partido aos galegos e á Galicia de mañá, ao tempo que amplía a vantaxe cos que están moi lonxe de ser o que precisa Galicia.
O PPdeG é o partido con máis experiencia e con máis experiencias, pero nunca deixa de aprender do que fixo, dos retos que tivo que abordar, dos erros e, sobre todo, dos galegos. Baixo o seu punto de vista, Galicia ensinoulle ao partido esforzo, constancia, perseverancia e, por tanto, a formación seguirá aprendendo da Comunidade.
Así se expresaba Feijóo na clausura do congreso provincial do PP de Lugo, onde aproveitou para felicitar á nova presidenta, Elena Candia, a quen lle lembrou que debe representar a toda a militancia da provincia e defender os intereses de toda a poboación.
Do mesmo xeito, agradeceu ao presidente saínte, Xosé Manuel Barreiro, o seu traballo e dedicación á fronte da formación provincial nos últimos anos e tamén na vicepresidencia do partido autonómico.
Tamén criticou a volatilidade e a fraxilidade dos principios do resto de partidos e fixo fincapé en que a formación dos populares ten que ofrecer algo máis, manténdose por riba das frivolidades e achegando solidez.
Con respecto a isto, sinalou que o PPdeG é o primeiro partido da provincia, de Galicia e de España porque os cidadáns así o decidiron. Por iso, cre que os populares deben esixirse máis e non deben permitirse o nivel de irresponsabilidade do PSOE, nin o nivel de incoherencia de Ciudadanos ou a demagoxia de Podemos.
Por ese motivo, o PPdeG decidiu renovar as súas ideas, actitudes e equipos. Como engadiu, este partido reacciona, está activo e está en pé.
Neste senso, Feijóo asegurou, con respecto aos outros partidos, de que non poden arrinconar á formación pola que apostaron 7 millóns e medio de españois.

No hay comentarios: