lunes, abril 04, 2016

3,5 MILLONS PARA O TECIDO PRODUCTIVO NO RURAL

Feijóo anunciou no Consello da Xunta acaba de coñecer a aprobación unha nova liña de axudas destinada a fomentar a creación e desenvolvemento de pequenas empresas non agrícolas no rural, dotada con 3,5 millóns de euros para este 2016. “Sen dúbida é importante impulsar a diversificación do tecido produtivo no noso mundo rural”.
Estas axudas son totalmente novas. Teñen como precedente máis próximo unhas axudas para implantar as TIC nas microempresas rurais. Agora “ábrese o abano de posibilidades”, tal e como dixo Feijóo, pois elévase o limiar de persoal (de menos de 10 traballadores a menos de 50) e de facturación anual (de 2 a 10 millóns de euros) para que as empresas poidan acceder ás axudas. Ademais, tamén eliminamos a necesidade de que as empresas estean orientadas a sectores ou actividades concretas.
O importe das axudas alcanzará o 45% do investimento total, cunha achega máxima de 200.000 €, e poderá cubrir proxectos como industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais, agás empresas de maquinaria agrícola e forestal e de servizos enerxéticos; iniciativas de servizos sociais coma garderías, coidado de anciáns, persoas con discapacidade ou granxas-escola; actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria; comercio polo miúdo e restauración turística, agás actuacións en bares e cafeterías.

No hay comentarios: