martes, marzo 29, 2016

250.000 METROS CADRADOS SE SOLO INDUSTRIAL A PREZO SIMBOLICO

A Xunta porá á disposición das empresas do sector primario arredor de 250.000 metros cadrados de solo industrial ao que poderán acceder de forma directa a cambio de alugueiros simbólicos. As conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantiveron unha xuntanza de traballo con representantes do sector agroalimentario e forestal, aos que lles informaron dos novos incentivos, que o Consello de Xestur aproba nesta mesma xornada e que se aplicarán tamén aos parques propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A titular de Infraestruturas explicou que esta iniciativa do Goberno galego permitirá que as empresas do sector primario accedan ao solo industrial para desenvolver os seus proxectos en réxime de “dereito de superficie”, é dicir, mediante importes de aluguer comprendidos entre 32 céntimos e 1,31 euros/m2 e cun primeiro ano sen pagar alugueiro, tendo en conta que é o momento no que asumen maiores custes.

No hay comentarios: