viernes, marzo 18, 2016

10 MILLONS PARA A PROMOCIÓN DO TURISMO

Feijóo presentou a iniciativa Smart Camiño que, tal e como salientou “introducirá o Camiño na enciclopedia do futuro, a rede de redes” e permitirá planificar a viaxe, usar a realidade aumentada para consultar onde comprar, comer ou hospedarse. “Estamos ante unha verdadeira rede social dos camiños”.
Tamén lembrou que o Goberno galego puxo en marcha o Plan integral de turismo, que vai tutelar os esforzo dos próximos anos, propuxo o Plan director estratéxico do Camiño ou o Smart Turismo 2015-2020 “que conta cunha inversión de 10 millóns de euros” e dentro do cal se encadra a iniciativa Smart Camiño que iniciou hoxe o seu camiño.

No hay comentarios: