viernes, febrero 12, 2016

RUEDA FARA UNHA CAMPAÑA PEGADA A MILITANCIA

Alfonso Rueda durante as próximas semanas organizará encontros comarcais coa militancia nos que consensuar un plan para o PP nesta provincia, pois considera que os militantes son os protagonistas do proceso de renovación no que está inmerso o partido. Eses encontros, con datas e lugares por confirmar, empezarán esta fin de semana.
Así se expresaba Rueda, que formalizou a súa candidatura presentando ante o Comité Organizador do Congreso provincial as firmas requiridas para participar no Congreso que terá lugar o vindeiro 13 de marzo. Entre elas, as dos seis membros do PP de Pontevedra nas Cortes Xerais, a dos conselleiros da Xunta, e a inmensa maioría dos alcaldes ou voceiros municipais nos concellos da provincia, así como os dos deputados no Parlamento galego.
Deste xeito avanzou que o obxectivo deses encontros anunciados será escoitar opinións, suxestións e mesmo críticas; incidindo ao mesmo tempo en que non só está encantado de percorrer toda a provincia e falar coa militancia senón tamén de poder facelo para escoitar e coñecer a forma de pensar dos afiliados.
Segundo dixo, pedirán aos militantes, con toda a humildade, que os axuden a reconfigurar o partido e a actualizalo, aspirando así a que o seu programa cara a estes anos sexa o resumo das aportacións que estes lle queiran achegar.
"Tentarei falar coa maioría dos 35.000 afiliados do partido na provincia e explicarlles como gustaríame configurar o PP de Pontevedra como partido maioritario e recoñecible", dixo.
Alfonso Rueda dixo presentarse convencido e con moitas gañas, e que dará entrada a xente nova no Partido Popular, incluíndo a xente que nunca estivo traballando en política.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

"Tentarei falar coa maioría dos 35.000 afiliados do partido na provincia..." Seguro que si campeón... Y ahí en la foto de espaldas el que le llevaba los negocios de la Diputación a Louzan... Todo cambiará para que no cambie nada..

Anónimo dijo...

En el PP de Pontevedra se acaban de dar un tiro en el pie, o se han suicidado por hacerlo mas común.
Sería la primera vez que Alfonso Rueda habla con un militante de base, es tan estirado que ni antes de las elecciones del 2009 se dignaba hablar sinceramente con un afiliado o al menos votante de este partido.

Anónimo dijo...

Vaya novedad. ¿Esperaba ser Presidente sin contar con la militancia?.

Anónimo dijo...

AY Manolete...si no sabes toreá p que te mete!!!

Anónimo dijo...

Jajajajajajaja .................