miércoles, febrero 17, 2016

RUEDA APOSTARA POR UN EQUIPO REDUCIDO

Alfonso Rueda nunha entrevista ofrecida a Onda Cero, dixo que vai apostar por un equipo reducido, áxil, representativo da provincia e con xente nova.
Estas son as cualidades máis salientables que Rueda destacou do novo equipo que el vai presidir e que dirixirá o PP na provincia a partir do 13 de marzo. "Agora fálase moito de nova política, e no Partido Popular temos moita xente da que presumir, xente nova á que lle hai que dar unha oportunidade. Alcaldes ou concelleiros que ata o de agora estiveron nun segundo plano".
Sen querer desvelar polo momento ningún nome destas persoas das que se vai acompañar na dirección do PP, si explicou, como fixo hai dous días durante a reunión con afiliados mantida en Pontevedra, que o actual delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, terá un papel importante dentro do seu equipo. "É un home a quen coñezo desde hai moito tempo, a quen a xente aprecia, con capacidade de traballo e con gran olfato político".
Rueda  amosouse ilusionado e con ganas de traballar pola súa provincia, e explicou que se presenta voluntariamente e convencido de lle pode ser útil ao seu partido, aproveitando ademais todo o que aprendeu durante todos estes anos como secretario xeral do PP de Galicia. "Con Feijoo aprendín que na política hai que estar para traballar", e iso é o que Rueda lles pide ás persoas que conformen a nova Directiva Provincial e que estean dispostos a dar un paso adiante.
Neste sentido sinalou que hai moito traballo por diante, como reestruturar ou reorganizar o partido en moitos concellos da provincia ou rearmarse electoralmente de cara aos próximos comicios, asumindo que Pontevedra é unha provincia importante de cara ás próximas eleccións autonómicas.
"O PP non pode renunciar a ser a forza máis votada, porque o PP non se dedica a ver se os outros non ganan", explicou.
Cuestionado acerca das reunións con afiliados que comezou durante a pasada fin de semana pola provincia, Rueda explicou que a súa intención é celebrar 15 xuntanzas antes da celebración do Congreso.
Reunións que lle serven ao candidato para elaborar un programa de traballo e que lle están sendo útiles, ademais, para escoitar as preocupacións e as inquietudes dos afiliados, que aínda que orgullosos do seu partido, lles piden que sexan inflexibles cos casos de corrupción.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

De habalr con los 35.000 afiliados pasamos a 15 reuniones... Vaya pájaro...

Anónimo dijo...

Equipo reducido, para que así no le den la lata.
Como siempre he dicho, aquí quienes triunfan son los inútiles.

Anónimo dijo...

Politicucho.

Anónimo dijo...

No sólo llegan con tener buenas intenciones. El problema del PP es que se ha dormido en los laureles durante demasiado tiempo. No hubo un contacto real y productivo con los afiliados en muchísimos años y ahora no se puede pretender arreglar eso con 15 reuniones en un tiempo récord. ¿Hay gente valida? probablemente ¿mucha gente valida ya no está por culpa de algunos inútiles que si están? también.
En política hay que ser previsor, trabajar pensando en el futuro, no venir ahora a intentar arreglar las cosas en 15 días.
Difícil, muy difícil la papeleta del PP ahora mismo.