jueves, febrero 11, 2016

POSTOS DE RESPONSABILIDADE PARA O PPdeG NAS CORTES

Os deputados e senadores do PPdeG electos nas pasadas eleccións xerais ocuparán distintos cargos de responsabilidade nos órganos de dirección do partido nas cámaras do Congreso e do Senado.
Esta ampla representación demostra a relevancia dos populares galegos dentro do partido a nivel nacional facendo posible ao mesmo tempo que Galicia teña voz propia nas Cortes Xerais do Estado.
En canto á Cámara Baixa, salienta o nomeamento da deputada Marta González que será portavoz adxunta do Grupo Parlamentario Popular e, polo tanto, membro da dirección.
Así, ademais da presidencia da Comisión de Peticións, posto para o que foi nomeada Pilar Rojo, os deputados galegos ocuparán tres vicepresidencias segundas: Celso Delgado a da Comisión de Fomento, Miguel Ángel Viso a de Agricultura, e Miguel Lorenzo a de Educación.
En canto ás portavocías, Joaquín García Díez, Jaime de Olano e Irene Garrido estarán á fronte das de Pesca, Presupostos e Economía, respectivamente; mentres as portavocías segundas para Economía, o Pacto de Toledo, o Cambio Climático e Pesca estarán en mans de Celso Delgado, Pilar Rojo, Miguel Ángel Viso e Miguel Lorenzo.
Xa na Cámara Alta, o senador electo por Lugo, José Manuel Barreiro, ademais de repetir como portavoz do Grupo Popular no Senado, será membro titular da Deputación Permanente e portavoz da comisión de Regulamento.
Pola súa parte, a senadora por A Coruña, Paula Prado, será portavoz adxunta del GPP.
Cabe destacar que a maioría absoluta dos populares no Senado poderá blindar España das derivas independentistas que algúns partidos queren propiciar nesta Lexislatura que comeza, agardando dende o PP que sexa sen a connivencia do PSOE.
Xunto a Barreiro e Prado, haberá outros catro senadores galegos que presidirán distintas comisións na Cámara Alta, un vicepresidente, outros dous portavoces, e tres secretarios.
Deste xeito, Fernando Carlos Rodríguez Pérez presidirá a Comisión de Industria, Enerxía e Turismo; José Luis Torres Colomer a de Agricultura Pesca e Alimentación; María del Carmen Leyte Coello a de Peticións; e José Crespo Iglesias ocupará a presidencia da Comisión de Fomento.
Xa nas vicepresidencias, Francisco José Fernández Pérez será vicepresidente primeiro da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais e Juan Manuel Jiménez Morán vicepresidente segundo da Comisión de Presupostos.
Pola súa parte, Edelmira Barreira Diz será portavoz da Comisión Constitucional e Miguel Fidalgo serao de Pesca na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación. Mentres, Sandra Vázquez Domínguez ocupará a viceportavocía da Comisión de Igualdade.
Como secretarios atopamos a María Aparicio Calzada na Comisión do Interior, a Dámaso López Rodríguez na de Xustiza e a Marta Lucio na Comisión de Cultura.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Paula Prado (Vendex hace unos regalos de la hostia) en el Senado. Como tantos otros que saben mucho, para agradecerle los servicios prestados a costa de todos. Qué asco

Anónimo dijo...

Escribo aquí pero podría hacerlo en cualquier otro post. Alguien ha reparado en que Benito Iglesias sigue en la cabecera de este blog y ha sido candidato por CIUDADANOS en Ourense?. Creo que los Estatutos del PP dicen algo al respecto de afiliados y/o simpatizantes en candidaturas contrarias, no?.