lunes, febrero 01, 2016

OURENSE TEN FORZA

“Ourense ten forza” é o lema do congreso provincial número 17 que o PP de Ourense celebrará o próximo 5 de marzo, tal e como aprobou por unanimidade esta tarde a xunta directiva da formación. Un congreso ao que Manuel Baltar ratificou a intención de presentar a súa candidatura, afirmando que desta cita sairá un novo comité executivo “que terá a importante tarefa de iniciar un proceso de renovación e preparación do partido para as eleccións autonómicas deste ano”.
O congreso do PP de Ourense, que será o primeiro que se celebre en toda Galicia, reunirá no pavillón dos deportes Paco Paz a 1.070 compromisarios, dos cales 880 serán electos, 13 pertencentes a Novas Xeracións e 177 que teñen a condición de compromisarios natos por pertencer á xunta directiva provincial ou á comisión organizadora do congreso.
O concello que achegará o maior número de representantes será Ourense cidade con 116, seguido de Xinzo de Limia con 44 e Verín con 42. O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o próximo 5 de febreiro, ás 13.00 horas, e precísanse 75 avais de afiliados.
A xunta directiva, que tamén aprobou o regulamento do congreso, deu tamén o visto e prace aos relatorios que se presentarán nesta convocatoria e que son tres. O primeiro leva por título “Futuro e Comunicacións”, e será defendido por Cristina Romero. O segundo abordará o “Turismo e Termalismo” e será Gabriel Alén Castro, alcalde de Cenlle, quen a presentará ante os compromisarios. O último relatorio, “A provincia intelixente; Ourense como referencia”, será presentada pola senadora Miri Barreira.
A xunta directiva provincial tivo un emotivo momento cando os asistentes homenaxearon cun prolongado aplauso ao recentemente falecido Guillermo Lago, alcalde da Gudiña. Tamén houbo unha felicitación especial para Miguel Santalices, polo seu nomeamento como presidente do Parlamento de Galicia, e para Cristina Romero pola súa nova condición de vicevoceira do grupo parlamentario popular na cámara galega.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Aquí no se ha entendido absolutamente nada. El electorado nos da la espalda , se va de fracaso en fracaso, el que se presenta imputado por cohecho y el militante calladito.Se envían unos compromisarios domesticados y todo queda en casa.

Anónimo dijo...

Por educación no digo en que miembro debe estar la fuerza del pop de puré se y del baltar Junior.

Anónimo dijo...

Bueno, pues ya sabéis como acabaron en Valencia para adivinar como terminará lo del Partido Popular de Orense. Al viejo lo inhabilitaron en la jubilación, pero al hijo le queda mucho hasta entonces. Cuando se entra en determinada dinámica ya no se sale.

Y cuanto más se niegue y se tarde en aceptar que hace falta borrón y cuenta nueva, peor será el golpe. Yo de los honrados con puesto, si es que hay alguno que todavía lo sea, me iría hoy mismo para casa alegando cualquier asunto personal, porque al final les acabará salpicando igual.

Pues eso.

Anónimo dijo...

Porqué? porqué? os ourensanos votan a este clan...Hai masoquismo nesta sociedade? siquiera unha poda política de vez en cando...