lunes, febrero 29, 2016

O PP NON SE PODE PERMITIR NIN UN SO MILITANTE DISILUSIONADO

Durante a súa intervención na laconada do PP de Arteixo, onde estivo acompañado polo alcalde da localidade, Carlos Calvelo, e por Diego Calvo, Feijóo afirmou que hai “quen pretende agochar que no Partido Popular existen moitísimas persoas que nos dedicamos á política escoitando e pensando na xente con honestidade”.
Feijóo pensa que España precisa escoitar ao Partido Popular tanto cuantitativamente como cualitativamente. No primeiro caso por ser a primeira forza e, no segundo, porque “somos os únicos que podemos dar exemplo de prosperidade, da defensa da unidade e da coherencia que España precisa”. Por iso afirmou que, aínda que “é certo que o PP seguramente cometeu equivocacións a nivel interno” tamén o é “que suma os maiores acertos externamente e liderou o país nos peores momentos”, polo que invitou ao auditorio a “recuperar a súa autoestima e reafirmar os valores e os principios que representa o Partido Popular”.
Ao fío disto apuntou que “cada militante desilusionado é un erro que non podemos permitirnos, cada simpatizante desencatado é unha escusa para que Pedro Sánchez siga tomándose en serio chegar á Moncloa e que cada votante perdido é unha escusa para que os partidos minoritarios sigan pensando que teñen patente de corso”.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Militantes desilusionados en Coruña.
Este año ni Laconada para confraternizar ni se nos avisa de otras laconadas.
¡Congreso ya!

Anónimo dijo...

La sede coruñesa central de llamadas para avales únicamente para un candidato. Usando el dinero de nuestros afiliados, de nuestra cuota para favorecer a una candidatura.
Barreiro dimisión.

Anónimo dijo...

Por primera vez en cuantos años nos vemos privados los afiliados de La Coruña de la tradicional laconada? Es una verguenza absoluta. Van a dejar algo con vida Trenor y Barreiro en esta Junta Local?

veronica montes santiso dijo...

Bueno, montar un follon por una laconada. .....me parece excesivo y un despropósito ( con la de grasa que tiene ). Seamos serios por favor..