jueves, febrero 25, 2016

O PP MARCA O RITMO NA DEPUTACION DE LUGO

O PP de Lugo logrou que a Deputación de Lugo triplique neste ano a achega económica do Plan de Obras e Servizos para obras municipais, ademais de verse beneficiados os concellos nunha redución da contía que están obrigados a dirixir a este plan e que será cuberta pola Deputación.
Os populares conseguen asi que no 2016 haxa un Plan de Obras mellorado respecto a pasadas anualidades e loitarán por un verdadeiro plan no futuro que inclúa tamén a rexeneración das vías provinciais
A iniciativa do PP, a Deputación acordou tamén instar aos Concellos da Fonsagrada e de Guitiriz a que readmitan os traballadores do GES despedidos en aras dunha xestión máis eficaz e dunha mellor prestación do servizo.
Por ultimo, o PP de Lugo solicitou que as actuacións na vía de O Cadramón (Valadouro) se acometan coa maior urxencia posible dada a situación de incomunicación que están a vivir os veciño.

No hay comentarios: