domingo, febrero 28, 2016

MANIFESTACIÓN POR UN ANTEPROXECTO DE LEI RETIRADO

Miguel Tellado, pronunciose sobre a manifestación celebrada o sabado baixo o lema “En defensa do mar” cualificándoa como unha protesta de carácter exclusivamente político posto que, segundo indicou, non ten sentido protestar contra un anteproxecto de Lei de Acuicultura que xa foi retirado. 
Nesta liña,  fixo unha crítica aos partidos da oposición que se aproveitan desta situación intentando enganar á cidadanía e fomentan unha visión negativa do sector, cando foron eles os que menos fixeron para apoialo.
Tellado lembrou que, pese a que a reivindicación inicial xurdiu por asuntos pesqueiros, enseguida derivou cara a unha manifestación en contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura, perdéndose esta motivación cando se anulou o borrador que descartaba a súa tramitación, tal e como lle foi comunicado ao sector.
“Nós respectamos as protestas dos cidadáns porque están en todo o seu dereito e é lícito, pero parécenos grave que a situación sexa aproveitada por determinados partidos para fins partidistas e políticos, chegando a facer unha manipulación interesada e mesmo promovendo a asistencia á manifestación mediante o uso de recursos das administracións públicas de algúns concellos"
“Estase usando aos homes do mar de forma interesada para facerlle oposición ao Goberno galego”, engadía. ao tempo que pedía ao PSOE que “se quere facer unha manifestación, que a convoque e a organice cos recursos do seu partido e non dos concellos nos que goberna, sufragando así actos dunha campaña electoral que consideramos que comeza demasiado pronto”.
Do mesmo xeito, quixo deixar claro que a realidade só é unha e que, con este Goberno, máis do 86% das axudas do Fondo Europeo de Pesca 2007-2014 destinados a acuicultura foron parar aos bateeiros; en 2009 puxéronse a cero os contadores das concesións das bateas – que o bipartito obrigaba na súa lei de pesca do 2008 a sacar a concurso público-, e creouse a Mesa do Mexillón.
Ademais, no tocante ao sector marisqueiro, o valor económico das vendas en Galicia aumentou nun 14% no 2015 e facturaron máis de 66 millóns de euros; apostouse pola profesionalización e pola alta das mariscadoras no Instituto Social de la Marina (ISM), por facer da actividade unha labor de cultivo ou semicultivo; e por seguir subvencionando asistencias técnicas e vixilantes.
Por último, no sector da pesca de baixura, traballouse polo aumento de cotas, gañando no período 2012-2014 un 13% de máis cota que aumentou o seu valor nun 55%.

No hay comentarios: