viernes, febrero 26, 2016

MAIOR PARTICIPACIÓN PARA O PPOU

“O Partido Popular non só é un presidente, é un grupo de persoas, un equipo onde todos son importantes e teñen as súas responsabilidades”, dixo Manuel Baltar, ao referirse aos compromisos que asumirá para promover a participación no seo da formación popular e que integran o seu programa como candidato.
Durante a reunión que mantivo cos compromisarios das comarcas de Celanova e Baixa Limia, así como da área de Cortegada, Manuel Baltar explicou que entre os seus plans para a nova etapa do partido figura que sexan os membros da xunta directiva os que propoñan ao comité electoral aos candidatos ao Parlamento de Galicia, ao Congreso e ao Senado.
En aras dunha maior participación, pero tamén de apertura do partido,  Baltar tamén inclúe no seu programa a posta en marcha dun “buzón lexislativo”que permitirá recoller as propostas que formulen os afiliados e simpatizantes para incluír nas leis que se tramiten nas cámaras nacionais e na galega.
Para Manuel Baltar, facilitar a participación no partido “xera unha maior implicación das persoas, tanto das que forman parte dalgún órgano como dos afiliados e simpatizantes e así conseguiremos unha formación máis forte e cohesionada”.

No hay comentarios: