lunes, febrero 29, 2016

APOSTA POLA TRANSPARENCIA NO PPOU

“Nos próximos catro anos seguiremos dando pasos para converter ao Partido Popular de Ourense na formación política máis transparente”, esa foi a promesa de Manuel Baltar, durante a reunión que, para presentar o seu programa, mantivo en San Cristovo de Cea cos compromisarios das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Manuel Baltar sinalou que a sociedade demanda, cada vez con máis énfase, a maior transparencia das institucións públicas, pero tamén dos partidos políticos e as persoas que os representan.
Neste sentido, lembrou o candidato, “no PP de Ourense vimos dando mostras continuas do noso compromiso coa transparencia, como o feito de ser o primeiro partido en facer públicas -25 días despois do 20D- as contas relativas á campaña electoral”.
Para impulsar a transparencia da formación popular, Manuel Baltar incluíu no seu programa dous claros compromisos. O primeiro deles, a publicación na web do partido das declaracións de bens e IRPF de todas as persoas que formen parte do comité executivo provincial. En segundo lugar, a edición dun boletín trimestral de actividades do partido, tamén publicado na web e que ademais se remitirá por medios electrónicos.
Os contactos do candidato cos compromisarios do partido continuarán a próxima semana cos representantes de Ourense Cidade (1 de marzo), mancomunidade de Ourense (día 3) e A Limia (día 4).

No hay comentarios: