lunes, enero 11, 2016

PRESIDENTE AS 24 HORAS DO DIA

Manuel Baltar é presidente da Deputación as vinte e catro horas do día e nunca abandona as súas responsabilidades e a atención á institución", afirma o coordinador do grupo provincial do PP, Pablo Pérez, en contestación ás críticas do portavoz socialista sobre as supostas ausencias do presidente, á vez que asegura que ningún dos 92 concellos da provincia expuxo queixa algunha por desatención "en ningún tema".
O coordinador do grupo popular subliña que o goberno provincial fai gala dunha cultura de equipo na que están delegadas as competencias e responsabilidades, "o que permite ao presidente acudir a cuantos seminarios e xornadas nacionais e internacionais é convidado para falar da Deputación ourensá, froito unicamente do labor realizado neste tempo e avalada por outros gobernos e organizacións, como é o caso de Transparencia Internacional". Un traballo, engade, que se basea na planificación e anticipación, o que permitiu que a Deputación de Ourense fose a primeira de España en aprobar, en setembro de 2015, os orzamentos para o ano en curso.
Pérez acusa o portavoz socialista de instalarse na mentira, na demagoxia, a incongruencia e a confusión, "por non falar da súa única estratexia política, que ademais da marrullería, só ten como fin votar en contra de calquera iniciativa que expoña o grupo de goberno, cando a estas alturas de mandato o señor Gómez presentou menos propostas que en anos anteriores e as presentadas nin sequera levan a súa firma orixinal".
O coordinador provincial, que lembra ao "licenciado Gómez" que no anterior mandato apenas acudía á Deputación mentres sacaba un título universitario, "sáelle moi caro aos ourensáns pois cobra por dedicación exclusiva á Deputación, o cal é unha incongruencia sendo alcalde, pero só véselle tres días ao mes pola institución, cando hai comisións, xunta de voceiros ou plenos".
O portavoz socialista, entende Pablo Pérez, "é o menos indicado de todos para falar de falta de goberno, cando a principal crítica que recibe como alcalde de Ribadavia é a súa continua ausencia no Concello e ser un dos peores xestionados da provincia".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ooooh, 24 horas al día dice el chico....
Si falta que lo busquen en el hotel Francisco II