miércoles, enero 20, 2016

PRESENTACION DOS SENADORES ELECTOS OURENSANS

A cesión de senadores por parte do PSOE a outras forzas políticas é unha fraude ao electorado e unha mostra máis da procura de solucións personalistas fronte aos intereses xerais, dixo  Manuel Baltar, no transcurso dunha rolda de prensa na que a senadora por Ourense, Miri Barreira, acusou ao PSOE de crear un altofalante para quen desafían e non respectan ás institucións deste país.
Acompañado tamén polo resto de senadores da provincia, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Juan Manuel Jiménez, Manuel Baltar defendeu a coherencia da formación popular, que lembrou foi a segunda de toda España en apoio porcentual ao PP, “pois ratificamos o compromiso que adquirimos coas nosas candidaturas, tanto ao Senado como ao Congreso”.
Con todo, criticou, o PSOE demostrou xogar coas cartas escondidas, cualificando como suicida a cesión de senadores a outras forzas, en particular independentistas, “máxime cando estamos a falar da unidade de España e dun momento no que se precisa estabilidade”.
Baltar preguntouse cal é a representación que queda ao PSOE en Galicia, pois o senador por Lugo, Ricardo Varela, foi cedido a Democracia i Llibertat, o partido de Artur Mas, e o de Ourense, Luís García Mañá, “que saibamos ata o momento non pertence á formación socialista pois ía como independente”.
Miri Barreira, pola súa banda, puxo a énfase no que cualificou como un sinsentido, pois nun momento de incerteza como o actual o líder dos socialistas deixa sen representación a miles de votantes do PSOE “para crear un altofalante que só beneficiará a quen desafían as institucións”.
Para a senadora ourensá, a cesión dos catro senadores só explícase na intención de facilitar a Esquerra Republicana e Democracia i Llibertadt que poidan contar cun grupo parlamentario propio, portavoz propio e subvención propia.
Fronte a este “mal xesto”, dixo, o PP ten moi claros os seus principios e prioridades, “respectando o apoio dos nosos votantes, buscando un gran acordo para un goberno estable e seguir traballando polas prioridades do país, que tamén son a desta provincia, como é a recuperación económica, a creación de emprego, o apoio ás empresas e a mellora do benestar”.

No hay comentarios: