miércoles, enero 20, 2016

POR EL ACUERDO CONSTITUCIONALISTA

O senador do PP pola provincia de Pontevedra, Miguel Fidalgo, considera que o único goberno sensato e responsable sería un encabezado polo PP, partido que gañou as eleccións, e apoido por PSOE e Ciudadanos.
Un goberno de amplo acordo constitucionalista que tería o respaldo de 16 millóns de españois, o que representaría dous tercios dos escaños do Congreso dos deputados.
"A mensaxe das urnas foi que os partidos que estean de acordo en temas fundamentais, como a unidade de España, a soberanía nacional ou a loita contra o terrorismo se entendan, e un Goberno PP-PSOE-Ciudadanos sería como as coalicións existentes noutros países europeos, como Alemaña, Austria, Holanda ou Finlandia".
O senador popular fixo estas declaracións nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá na sede provincial na que valoraba a cesión de senadores do PSOE a partidos independentistas como ERC e Democracia y Libertad. Unha cesión que Fidalgo cualificou como "un grave erro e unha fraude para os votantes socialistas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hombre, el tipo que fue premiado como senador tras llevar al partido en Vigo al mayor desastre conocido en sus historia con sólo 7 concejales...Se pasa el día poniendo a parir al PSOE y a Ciudadanos (y a todos sus compañeros del PP) y ahora quieren que le pongan todos ellos en el gobierno. En fin, ya se sabe. Cuando uno no vale para nada, lo envían al Senado.