martes, enero 12, 2016

O VALOR DE TER UN GOBERNO ESTABLE

Nunha entrevista ofrecida á Radio Galega, Alfonso Rueda afirmou onte que o PP de Galicia traballa arreo por que “a inestabilidade que algúns parecen querer perpetuar non chegue a Galicia”.
Rueda lamentou que 2016 comece con sete comunidades autónomas que “non teñen sido capaces de aprobar un orzamento e sen saber quen vai gobernar o Estado”, feito que, ao seu entender, fará que se vexa “máis aínda o valor da estabilidade e de poder facer as cousas dende un Goberno que sabe a onde vai e que ten a posibilidade de executalas, como é o caso de Galicia”.
Rueda tamén foi crítico coas actitudes e as decisións tanto de Pedro Sánchez en España como de Xosé Ramón Gómez Besteiro en Galicia, que están logrando que o PSOE sexa cada día máis irrelevante. Ademais, advertiu a Sánchez de que non sitúe o financiamento autonómico como unha materia de pacto para formar un hipotético goberno.
Así, afirmou que “isto é o que nos xogamos no debate territorial: que haxa comunidades que teñan que renunciar a parte do seu financiamento a cambio de que outras, que non teñen máis dereitos que nós, poidan velo aumentado simplemente por apoiar a Sánchez”.

No hay comentarios: