viernes, enero 15, 2016

O PPOU FAI PUBLICAS AS CONTAS DA CAMPAÑA ELECTORAL

O PP de Ourense acaba de facer públicas as contas relativas á pasada campaña electoral para os comicios xerais do 20 de decembro, campaña na que os populares ourensáns investiron pouco máis de 45.000 euros.
Coa publicación destes datos, dispoñibles en ppou.es, o PP de Ourense convértese na primeira formación española en dar a coñecer aos cidadáns as cantidades destinadas a sufragar estas eleccións e que non se desviaron do límite de gasto anunciado ao comezo da campaña por Manuel Baltar.
Así, dos 45.059,55 euros investidos, a maior partida con algo máis de 13.000 euros correspondeu á montaxe, material e equipos utilizados nos preto de 300 actos celebrados pola formación popular ao longo e ancho de toda a provincia.
Artigos de promoción, trípticos, papeletas e publicidade son as seguintes partidas que máis recursos mobilizaron, o 63,6 % do orzamento total.
O Partido Popular de Ourense, afirma Manuel Baltar, “mostra unha vez máis o seu compromiso coa transparencia, facendo públicos uns datos que ningún outro partido ata o momento fixo públicos, nin tan sequera ao comezo da pasada campaña”.

No hay comentarios: