lunes, enero 11, 2016

EN CONDICIONS DE RECUPERAR A CONFIANZA

Pedro Puy, afirmou que, de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, o PP de Galicia está “en condicións de recuperar confianza e de proseguir adiante cun proceso de reformas e de modernización e adaptación ao novo escenario europeo e español, moito máis competitivo e onde hai que ser máis eficientes para conseguir traballo, que é o que realmente importa”. 
Nunha entrevista na Cadena SER, Pedro Puy lembrou que as maiorías absolutas en Galicia “sempre foron moi difíciles de acadar por baixo do umbral do 44 ou 45 por cento dos votos”, pero subliñou que “as maiorías estables, como a que está a ter o PP, permiten afrontar reformas, moitas delas consensuadas, e dar ás accións políticas unha estabilidade e proxección cara o futuro que as fan máis efectivas”. “Ese é un valor que o Presidente Feijóo quere espremer ata o final da lexislatura e confiamos que as persoas que noutras ocasións votaron ao PP entendan que sigue a ser importante que haxa unha maioría suficiente para conseguir un goberno estable e dar continuidade ao proxecto do Partido Popular”.
Respecto do candidato do PPdeG nas vindeiras eleccións autonómicas, o portavoz popular dixo que “somos conscientes de que a Presidencia e a candidatura de Núñez Feijóo é un dos mellores activos que ten o Partido Popular”. Aínda que lembrou que o candidato sairá dun congreso aberto, “porque o noso partido é democrático e temos requisitos moi pouco custosos para que se presenten candidaturas”, Puy manifestou que “o que percibo no partido e no grupo parlamentario é unha clara tendencia de apoio a Alberto Núñez Feijóo”.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Reformas, qué reformas? Ese muñeco llamado Pedro Puy daría risa si no fuera porque el asunto es dramático. El gobierno del Partido Popular de Mariano Rajoy - la tercera legislatura de ZP - pasará a la historia como la última oportunidad perdida para hacer reformas importantes que hubieran evitado el desastre que se nos avecina. Una gran mayoría absoluta desperdiciada en tapar vergüenzas propias. El señorito Puy tiene la vida resuelta pero nos deja una difícil papeleta a los demás.

Núñez Feijóo es más de lo mismo, la misma nadería que Mariano envuelta en palabras huecas.

Anónimo dijo...

Y tu que te creías
el rey de todo el mundo
y tu que nunca fuiste
capaz de perdonar
y cruel inexpiadado
de todo te reías
hoy imploras cariño
aunque sea por piedad.

Anónimo dijo...

Feijóo va a lograr que los de las Mareas gobiernen Galicia. Menudo logro que nos va a traer este tipo...