viernes, enero 08, 2016

APEGO O AUDI A8

O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo censurou que a única decisión que teña tomado o presidente socialista da deputación exa manter o vehículo de alta gama que xa fora adxudicado, aínda a risco de ter que indemnizar ao comprador. Segundo puido saber o PP, o Goberno provincial púxose en contacto co empresario interesado para comunicarlle que a xunta de goberno tomou a decisión de “suspender a tramitación de alleamento do vehículo provincial Audi A8 4.2 Quattro solicitando da Asesoría Xurídica un informe sobre a adecuación á normativa do citado procedemento”.
A voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación, Elena Candia, esíxelle ao presidente da deputación que aclare o motivo polo que paraliza o procedemento iniciado polos populares “co obxectivo de adelgazar a administración provincial e destinar os recursos a fins sociais”. “O señor Campos chega ao poder e mantén os privilexios do seu antecesor, Gómez Besteiro, tratando de manter un vehículo de alta gama para as súas viaxes en lugar de destinar o diñeiro a axudar aos que máis o precisan”.
Os populares censuran que esta sexa a única decisión que o bipartito e o Señor Campos teñen tomado desde a súa chegada ao poder. “Instalan o caos na administración provincial, incumpren os prazos de aprobación dos Orzamentos, pero teñen tempo para decidir manter os privilexios que xa tiñan no anterior mandato volvendo a viaxar nun coche de alta gama”.
Os populares critican que o responsable da institución, o socialista Darío Campos, queira manter gastos superfluos “e continúe co nivel de despilfarro do señor Gómez Besteiro, cando xa se tiñan levado a cabo todos os trámites para que un empresario interesado no vehículo pechara a súa adquisición”. Tamén lamentan a actitude do BNG que “de boquilla está en contra das deputacións e á hora da verdade o único que quere é manter os privilexios”.
Por todo o anterior, o Grupo Provincial do PP interesarase polos motivos que levan ao bipartito e, en concreto ao seu presidente, a volver usar un coche de alta gama mentres pregoan unha austeridade que incumpren sistematicamente.

No hay comentarios: