miércoles, enero 20, 2016

A DEPUTACIÓN DE LUGO EXEMPLO DE PARALISE

O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo lamenta que o bipartito non dera a coñecer os Presupostos para 2016 na xunta de portavoces convocada esta semana, pese a telo anunciado e tal convocado con ese fin. “Non podemos facer ningunha valoración dun proxecto que non coñecemos nin nos entregaron”, explica a voceira, Elena Candia.
“O Señor Campos mentiunos a todos ao anunciar que daría a coñecer os Presupostos e fomos a unha xunta de voceiros na que non se nos entregou nada nin se nos explicaron as liñas mestras das contas para este ano, que seguen a ocultar”. Candia sinala que ao presidente lle sigue indo grande o cargo que ostenta na Deputación de Lugo e critica que “lle minta non só á oposición, senón a todos os lucenses”.
Cadir explicou que na propia reunión celebrada onte os membros do PSOE recoñeceron que non teñen os orzamentos rematados, unha revelación “que demostra que desde a Deputación non se está a traballar nos problemas que realmente preocupan aos veciños desta provincia”.
O PP agarda que o proxecto de Orzamento se poida coñecer “de xeito inmediato” para poder facer unha valoración rigorosa e desbloquear a situación da provincia, “completamente paralizada desde que PSOE e BNG volveron ao Goberno”.
Os populares seguen comprometendo o seu apoio e o seu diálogo para sacar adiante as contas “para que os cidadáns desta provincia poidan ver resoltos os seus problemas e necesidades”. “Non nos entregaron o borrador nin o proxecto, polo que non se pode dicir que hoxe se presentaran os Orzamentos. Isto tamén nos impide poder avanzar nas nosas demandas”.

No hay comentarios: