miércoles, diciembre 23, 2015

O PPOU O PRIMEIRO EN ANALIZAR OS DATOS

O PP de Ourense converteuse na segunda forza política con maior apoio cidadán de España, só superada polo PP de Ávila e con só un punto de diferenza, subliñou Manuel Baltar, durante a rolda de prensa na que analizou os resultados electorais obtidos  e na que atribuíu estes datos á “incrible actividade orgánica do noso partido e á renovación de cargos e candidatos, que achegan ese plus de motivación e ilusión”.
Manuel Baltar quixo destacar en primeiro lugar a elevada participación do domingo, onde sete de cada dez ourensáns (72,26 %) acudiron a votar, “porcentaxe que lexitima dun modo moi importante estes resultados e que supón case tres puntos máis que nas municipais”.
Lembrou que ao comezo da campaña electoral había prognosticado un 45 % de apoio ao PP, “e os resultados din que foi do 44,91 %, oito puntos máis que a media do PP en Galicia e 16 puntos máis que a media en España”. Concretando, dixo, os 85.729 votos recibidos supoñen preto de 5.000 sufraxios máis e un punto máis de apoio.
Nesa detallada análise do ocorrido o domingo, Manuel Baltar quixo agradecer o traballo e a implicación de todo o equipo popular, “xa que co seu esforzo se nas municipais fomos a forza máis votada en 70 concellos, agora fómolos en 84, é dicir, en nova de cada dez concellos”.
En 55 concellos o PP obtivo máis do 50 % de apoio e en 26 máis do 60 %, liderando esta lista Beariz co 83 %, Avión co 82,5 % e Quintela de Leirado co 76,3 %.
No capítulo das extrapolacións e desde a perspectiva municipal, se en maio conseguíronse 61 maiorías absolutas e 65 gobernos locais, agora sería 70 as maiorías; na Deputación o PP gañaría un deputado alcanzando os 15, o PSOE quedaría con 6 ao perder dous e entrarían En Marea con 3 e Cidadáns. Xa no Parlamento de Galicia, o PP quedaría con 7 dos oito escanos actuais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

José Manuel Baltar tendría que irse para casa por montones de motivos. No es lo mismo Orense y Avila que Guipuzcoa o Gerona, y teniendo en cuenta lo que en Orense ha sido siempre la derecha y el centro-derecha, los resultados son desastrosos.Nadie celebraba en la calle los resultados del 20-D en la sede de la calle Progreso de Orense, como cualquiera pudo ver.

La extrapolación a la representación en la Diputación es otro disparate, porque bien se sabe que en estas elecciones no se presentaba Democracia Ourensana, que es la segunda fuerza política en la capital, donde hay un constante rumor de moción de censura en compañía del PSOE. Ciudadanos obtuvo un nada despreciable apoyo a pesar de tener aquí candidatos absolutamente desconocidos. En pocos meses, en las autonómicas, con la presencia de Rivera y otros, que es el político mejor valorado, puede obtener representación.

En resumen, Orense es el hazmerreir de la política española, con prácticas políticas tribales que averguenzan a cualquier persona decente.

Pero nada, si el chico lo tiene tan claro, en las próximas elecciones que se presente él de cabeza de lista por la provincia y ya veremos los resultados. Ánimo. Pero estemos pendiente del juzgado...