viernes, diciembre 04, 2015

CARGOS DO PSOE E BNG AMOSAN DISCULPAS A MANUEL BALTAR


Cargos electos do PSOE e do BNG na provincia de Ourense amosaron as súas desculpas a  Manuel Baltar, logo de coñecerseonte que a Fiscalía de Ourense ditaminou arquivar as dilixencias e deixar sen efecto as acusacións infundadas que fixo unha muller contra o presidente provincial do PP. Estes cargos socialistas e nacionalistas, desmarcados da liña tendenciosa que hai semanas veñen mantendo os seus partidos para tentar danar a imaxe de Manuel Baltar, consideran que unha vez que a Fiscalía resolve que o asunto non ten transcendencia xurídica e non existen indicios de delito “faise necesario pedir as correspondentes desculpas para que isto sirva de exemplo a todas as formacións políticas”.
O PP Ourense agradece que haxa cargos do PSOE e do BNG na provincia de Ourense que actúen con coherencia e respecto á presunción de inocencia e que teñan a valentía de recoñecer o erro cometido polas súas respectivas formacións, as cales durante semanas xogaron a xuíces e fiscais, acusando e condenando a Manuel Baltar inxustificadamente, co único obxectivo de sacar réditos políticos nestes momentos, a piques de comezar unha campaña electoral.
Os populares ourensáns únense ao expresado por estes representantes políticos do PSOE e do BNG que piden desculpas, cando afirman que actitudes como estas serven de exemplo, porquedesta maneira reafírmanse na máxima de que na política “non todo vale” e de que as diferenzas partidistas nunca se deben utilizar para prexudicar aos políticos no seu ámbito persoal. Estamos nun estado de dereito no que a lei está por riba de todo, incluso de aqueles que fan da mala educación, da mentira e da falta de respecto a súa razón de ser.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Si no lo dicen públicamente es como si nunca hubiesen dicho nada.

Anónimo dijo...

Ja,ja,ja. ¿Qué cargos desmarcados de que línea tendenciosa? Nombres, por favor. Vale, habrá que pensar que esos cargos son los próximos fichajes de Baltar.

Penoso

Anónimo dijo...


O pleno de Ourense pide a dimisión de Baltar

http://praza.gal/politica/10707/o-pleno-de-ourense-pide-a-dimision-de-baltar-que-di-ter-ducias-de-apoios-doutros-partidos/