lunes, noviembre 09, 2015

XESTO PERSOAL E POUCO DADO EN POLITICA

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal, nun xesto persoal e pouco dado en politica, non formará parte da lista do PP de Lugo ó Congreso. “É unha decisión que levo meses meditando, é estritamente persoal e comuniqueilla persoalmente ao noso presidente provincial, ó que agradezo todo o seu apoio e confianza durante estes anos”. “A intensidade do traballo nestes últimos anos continuo e o desexo de dedicarlle máis tempo á miña familia leváronme a tomar esta decisión”.
José Manuel Barreiro agradeceu o seu traballo nestas dúas lexislaturas no Congreso dos Deputados e destacou “a súa valía e o seu esforzo por representar sempre os intereses de todos os lucenses”.
A popular continuará co seu traballo á fronte do consistorio de Triacastela, unha alcaldía á que accedeu por primeira vez en maio de 2011 e que revalidou nestas últimas eleccións municipais. “A partir de agora dedicareime, en exclusiva, á política local e a cumprir co mandato que me encomendaron os veciños”. “É importante ter vida antes e logo da política, a partir de agora compaxinarei o meu traballo á fronte da alcaldía, da que non percibirei ningunha remuneración económica, coa miña actividade profesional como inspectora veterinaria da Xunta de Galicia; isto permitirame estar en contacto diario e directo con todos os veciños e coñecer de primeira man os seus problemas".

No hay comentarios: