miércoles, noviembre 18, 2015

O PPOU NON SAE A COMPETIR CON NIGUEN

O PP de Ourense presentou  aos seus candidatos ao Congreso e mailo Senado, nun acto no que o presidente, Manuel Baltar, afirmou que “estas son as candidaturas gañadoras do 20 de decembro”. Baltar fixou como obxectivo volver a estar entre as primeiras provincias de España en apoio ao PP, tal e como aconteceu nos comicios locais de maio que situaron a Ourense no terceiro posto entre provincias. Na presentación e acompañados polo secretario xeral do PP, Rosendo Fernández, encargado de presentar aos candidatos, tanto o cabeza de lista polo Congreso, Miguel Ángel Viso, como a número uno ao Senado, Edelmira Barreira, exerceron de ourensáns cualificando á provincia como unha terra de oportunidades.
Sobre a campaña, Manuel Baltar advertiu que o PP non sae a competir con ninguén, “se non a traballar por esta terra e ter aos mellores representantes nas dúas Cámaras”. Os ourensáns, lembrou, confiaron fai catro anos no PP de Ourense e pasouse da recesión máis absoluta á recuperación e credibilidade internacional. Agora, apuntou, “dirémoslle aos ourensáns o que imos facer no próximos catro anos, con persoas que non só cren en Ourense senón tamén en España, con propostas baseadas no contacto continuo coa xente de todos os puntos da provincia e co aval dos feitos e dun presidente que soubo poñernos no camiño da recuperación”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sólo falta en la foto el ex-PP-siempre presente en LP,y con foto incluida- Benito Iglesias.Ah no, que va como candidato al senado por Ciudadanos tras intentar durante años un puesto de lo que fuera en el PP sin conseguirlo.

Anónimo dijo...

Iso é o constructivo, non seí xq tanto titular, son uns candidatos para representar a Ourense, e punto.